FORMACIÓN

David Fiuza Souto, (1985, Vila de Cruces), comeza os seus estudos musicais na escola da Banda Artística de Merza. Obtién o Grao Superior de Clarinete no Conservatorio Superior de Vigo e o Grao Superior “Bachelor” de Dirección de Banda na Hogeschool Muzik Zuyd de Maastricht (Holanda). Ademáis cursou estudos superiores de Composición no Conservatorio Superior de Vigo. Actualmente está finalizando o Grao Superior de Dirección de Orquestra e Dirección de Coro no Conservatorio Superior “Joaquín Rodrigo” de Valencia”.

Comeza a estudar dirección co mestre Marcel van Bree ós 15 anos. Fórmase principalmente cos mestres Jan Cober e J.R.Pascual Vilaplana.

EXPERIENCIA

Foi director titular da Banda Union Musical de Meaño (2007-2013), agrupación coa que gaña 9 premios, destacando a Gold Medal e o Gold Timpani (campeóns mundiais absolutos) na primeira división do 17th WMC 2013 de Kerkrade (Holanda). Posteriormente foi director titular da Banda Sinfónica do CIM “La Armónica” de Buñol (2014-2017), onde realiza algunha grabación discográfica, e alcanza 1º premio e mención de honra no Certame de Altea (2016), e unha Gold Medal na concert division do 18th WMC 2017 en Kerkrade (Holanda). Ademáis foi director titular da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas (2016-2017).

Foi tamén profesor asociado do “Conservatori Superior de Música de les Illes Balears”, director titular do Mallorca Saxophone Ensemble (2012-2017) de Serenade Ensemble e do Cor Valencià de Clarinets.

Traballou como profesor de dirección (2013-2016) na Aula de Dirección de Banda de Rianxo (A Coruña). Tamén no ámbito pedagóxico traballou dende 2002 ata 2014 como profesor de clarinete, banda e conxunto instrumental, linguaxe musical, harmonía e análise nas escolas de música: “Artística de Merza”, Municipal de Silleda, Municipal de Meaño, Santa Cruz de Ribadulla, Isabel II de Touro e Escola de Música de Rianxo.

ACTUALIDADE

Actualmente é director titular da Banda “Artística de Merza” e da Gran Canaria Wind Orchestra.

DIRECTOR CONVIDADO
Foi convidado a dirixir programas con:

  • Orquestra Simfonica da Companhía Portuguesa da Opera,
  • Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra,
  • Orquesta Sinfónica del CIM “La Armónica” de Buñol,
  • Orquestra Xoven Vigo 430,
  • Banda Municipal de A Coruña,
  • Banda Municipal de Santiago de Compostela,
  • Banda Municipal de Palma de Mallorca,
  • Gran Canaria Wind Orchestra,
  • Banda Municipal de Pontevedra,
  • Banda Municipal de Ourense,
  • Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música
  • Banda Sinfónica Xuvenil da Federación Galega de Bandas de Música
  • Banda Sinfónica del VII Estagio de Verao 2014 de Amarante (Portugal),
  • Banda Sinfónica del EJIT 2011 (Torres Novas – Portugal),
  • Rundfunk Bläser Orchester de Leipzig (alumno finalista del Internacional Akademie Conducting),
  • Diversas bandas sinfónicas no ámbito amateur.