Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Concerto presentación David Fiuza Souto

29 Decembro 2017 @ 21:00

De balde

Concerto de presentación do novo director da Artística de Merza, o mestre David Fiuza Souto.

“ECLECTICISMO OPERÍSTICO”

A profundidade artística da traxedia grega vai ser o xérmolo da inquietude que estimula a finais do s. XVI o nacemento da ópera, a cargo da Camerata Fiorentina en Italia. Pasaron xa 400 anos dende que Monteverdi escribe “La Favola d’Orfeo” (1607), o primeiro título operístico do que se ten constancia; dende entón, foi un xénero vivo, nunha contínua e paralela evolución ós desexos da humanidade, absorvendo todo tipo de estilos musicais, e recurrindo ás temáticas máis variadas.

Así configúrase un programa que evidencia o eclecticismo que a ópera acadou a partires do s. XIX, mostrando unha nutrida riqueza e xenerosidade de estilos, argumentos e sonoridades, representados en países como Alemaña, Austria, Italia, España, Rusia ou EE. UU., dos autores máis representativos do Romanticismo e do s. XX (Wagner, Johan Strauss, Puccini, Penella, Shostakovich e Gershwin).

Detalles

Data:
29 Decembro 2017
Hora:
21:00
Custe:
De balde
Categoría dos Evento:
,

Protagonista

Banda Artística de Merza

Recinto

Auditorio Municipal Xosé Casal
Castelao, s/n
Vila de Cruces, Pontevedra 36590 España
+ Google Map