Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Artistas da Artística

28 Marzo @ 21:00 - 22:00

De balde

Concerto de músicos solistas da Artística de Merza.

Séculos XIX, XX e XXI; autores galegos, europeos, americanos; estilos clásico, funk, jazz; transcripcións de orquestra, arranxos de música de cámara, obras orixinais para banda; solistas en cuarteto, en dúo e individual… son moitos parámetros con espectros nutridamente variados para satisfacer os máis contrastados gustos musicais, cunha única temática que configura un programa protagonizado por solistas.

A Artística de Merza neste caso presenta un concerto, do que brota un incombustible manantial de solistas do máis alto nivel; todos saídos “da casa”, alimentados a carón do berce musical da Artística; un patrimonio humano de artistas que a nosa banda ten como bandeira, como representación e como exemplo desta fonte inagotable de músicos do máis alto nivel.

  • Solistas trompa: Pedro Pintos – Pablo Fernández – Millán Molina – Roi Guzmán
  • Solista oboe: Carla Suárez
  • Solistas saxo: José Fungueiriño – Jorge Fernández – Óscar Fernández – Miguel Blanco
  • Solista trompeta: Fran Fernández
  • Solistas frauta: Carlota Salgado – Noelia Ramos

Detalles

Data:
28 Marzo
Hora:
21:00 - 22:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonista

Banda Artística de Merza

Recinto

Auditorio Valero-Guzmán
Calle Moa, S/N
Merza, Vila de Cruces, Pontevedra 36580 Spain
+ Google Map