
- Este evento pasou.
Concerto singular
6 Xaneiro @ 18:30 - 20:30
De balde
Concerto de Reis, coa visita das súas maxestades Os Reis Magos de Oriente.
Coa colaboración do grupo Píscore:
Premio Público Festiclown 2017. ¿Que pasa cando catro grandes solistas son chamados a un só concerto? Catro músicos de prestixio que enfrontan un gran conflito: 16 baquetas e unha única marimba. Están dispostos a soar de forma máis orixinal e sorprendente. Organizarse non será tan fácil …
Píscore tráenos a mellor música e moito humor para un concerto único nunha proposta que encaixa na liña de grandes espectáculos que combinan virtuosismo musical e ritmos con comedia gestual, pallaso e participación do público.