Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Artes festivas

24 Febreiro @ 19:30 - 21:00

De balde

Adicado ás comisións de festas

A Banda Artística de Merza, fundada en 1828, e sendo a máis antiga de Galicia, acumula na súa traxectoria 190 anos ininterrompidos sonorizando as festas e eventos culturais de Galicia; ofrecedo cultura e aportando a perspectiva artística de cada festa a través da música.

Durante esta dilata traxectoria, esta institución musical programou repertorios adaptados a cada contexto, a cada época, a cada festa, e ás necesidades, funcionalidades, inquedanzas e gustos das xentes de cada etapa e de cada lugar de Galicia. Esta situación resúmese con 190 anos de música na rúa, percorrendo un abanico de repertorio realmente amplo.

Desta maneira, neste programa presentamos un repertorio que percorre distintas etapas das festas das bandas galegas, buscando unha variedade estilística, e tratando de encaixar na pluralidade de gustos do público actual que a día de hoxe acude incansable e entusiasmadamente ás celebracións festivas da nosa comunidade. Música galega folklórica, transcrición orquestral, partituras jazz, estilos latinoamericanos, arranxos de rock, linguaxe romántica española, ou o emprego da gaita como instrumento solista.

Detalles

Data:
24 Febreiro
Hora:
19:30 - 21:00
Custe:
De balde
Categoría dos Evento:
,

Protagonista

Banda Artística de Merza

Recinto

Merza
Merza Pontevedra 36580 España + Google Map